Campamento de verán no ceip canicouva - Vigo

Inicio > Comunidad Vigo > Otros Vigo
Campamento de verán no ceip canicouva

Un ano máis o CEIP Canicouva e a súa anpa confían en Imaxina para organizar o seu campamento de verán.

Trátase dunha alternativa para os rapaces e rapazas e as súas familias durante as vacacións de verán. Levaremos a cabo un campamento urbano, logrando así unha boa conciliación da vida laboral e familiar mentres os nosos pequenos e pequenas gozan das datas máis esperadas do ano.
Este campamento está aberto a tódolos rapaces e rapazas que queiran asistir xa que non é imprescindible estar adscrito/a no centro educativo, soamente deben de estar en idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. Cumprimos cun amplo horario de 9:00h a 14:00h e en xullo contamos coa posibilidade do servicio de matinal de 7:30h a 9:00h e de fiambreira dende as 14:00h ás 15:30h.

Para máis información ou reserva de praza:
644731093 - [email protected]

Publicado el 19 de Abril de 2018 en Vigo, Pontevedra

Anuncios relacionados

Anundos © Copyright 2024 Todos los derechos reservados - Condiciones de uso | Politica de privacidad | Contacto